Close

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial da Facultade de Ciencias do Mar configúrase como o instrumento a través do que se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria. Supoñen superar o marco especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un marco educativo no que conflúen ademais funcións socio-educativas, baseadas en relacións mutuas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a, etc. Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, normalizando as distintas accións e conseguindo un idóneo equilibrio entre as expectativas do alumnado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

ORIENTACIÓN E APOIO AO ALUMNADO

Sistemas de apoio e orientación de estudantes unha vez matriculados

Prográmanse actividades paralelas de apoio, que complementan a actividade habitual de ensinanza-aprendizaxe, co obxectivo de subsanar deficiencias puntuais ou do perfil de ingreso.

Estas actividades poden ser obradoiros sobre tecnoloxías ou procesos específicos, ciclos de proxeccións ou conferencias, etc.

Co fin de promover e facilitar a mobilidade de estudantes, organízanse charlas informativas por parte da Oficina de Relacións Internacionais ou pola propia facultade. Así mesmo existen as figuras de Coordinador de Programas Erasmus, Sicue e demais programas de mobilidade, que entre as súas funcións teñen a de asesorar e orientar ao estudantado nos seus programas respectivos, tanto aos propios como aos alleos.

En momentos puntuais do desenvolvemento normal dos estudos nos que se considera que o ou a estudante necesita especial orientación (no momento de elixir materias optativas, por exemplo), prográmanse reunións sobre eses aspectos concretos.

Existe unha Delegación de Alumnos que, aparte dos protocolos establecidos polo Sistema de Garantía de Calidade para a canalización de suxestións e reclamacións, serve de enlace entre os e as estudantes de maneira individual ou colectiva e o equipo directivo da titulación.

A facultade pon á súa disposición os medios necesarios e unha partida orzamentaria para que poidan cumprir a súa tarefa de representación e outras como facilitar a realización de propostas e iniciativas do alumnado.

A Universidade de Vigo conta co seu propio Gabinete Psicopedagóxico a disposición do estudantado para orientalo e asistilo tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Por outra parte, a Universidade ten en marcha un programa de apoio á integración do alumnado con necesidades especiais (PIUNE) para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.

O sistema interno de garantía de calidade (SGIC) desta Facultade recolle no seu procedimento PC05 as pautas de elaboración e documentación asociados á orientación do estudantado.

DIAGRAMA DE FLUXO DO PROCEDEMENTO PC05

FICHA RESUMO DO PROCEDEMENTO PC05

ÓRGANOS/ UNIDADES RESPONSABLES DESEÑO – Equipo Decanal
– Xunta de Facultade
EXECUCIÓN – Titores
SEGUIMENTO E MELLORA Equipo Decanal do Centro
Comisión de Garantía de Calidade
Coordinador de Calidade
OUTROS ÓRGANOS IMPLICADOS (EXTERNOS AO CENTRO) – SIOPE (Gabinete Psicopedagóxico)
– OFOE (Oficina de Orientación ao Emprego)
– OFIE (Oficina de Iniciativas Empresariais)
GRUPOS DE INTERESE IMPLICADOS E MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN Estudantado: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxestións que considere oportunas e participando nas accións de orientación.
PDI: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxestións que considere oportunas e desenvolvendo as accións de participación pertinentes.
PAS: a través dos seus representantes na CGC e participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Egresados: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Empregadores: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Administracións Públicas: Achegando e tomando as decisións que lle competen.
Sociedade en xeral: Analizando e reaccionando ás accións establecidas e aos resultados obtidos.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS O Equipo Decanal promoverá a información sobre o Plan de Orientación do Centro en coordinación cos Servizos/unidades da Universidade de Vigo que colaboran no desenvolvemento do mesmo.
MECANISMOS TOMA DE DECISIÓNS Ver apartados 5 e 6 do procedemento.
RECOLLIDA E ANÁLISE DE INFORMACIÓN A Área de Calidade da Universidade de Vigo, xunto coa Comisión de Garantía de Calidade do Centro e o Coordinador de Calidade, recollerá a información oportuna.
SEGUIMENTO, REVISIÓN E MELLORA Tras a análise da información, a CGC elaborará un informe de resultados, propoñendo as melloras que se consideren oportunas. A CGC propón así mesmo as modificacións e melloras ao proceso cando sexa necesario.
INFORMACIÓN PÚBLICA O Equipo Decanal, xunto co/coa Coordinador-a de Calidade analizarán e promoverán a información pública pertinente á vista dos resultados obtidos, coa finalidade de manter un permanente fluxo de comunicación axeitado cos distintos implicados e grupos de interese.
Esta información será publicada como mínimo na páxina web do Centro.