Close
Menu

Facultade

A facultade de Ciencias do Mar atópase no Edificio de Ciencias Experimentais do Campus Universitario de Vigo.

A licenciatura en Ciencias do mar comenzouse a impartir na Universidade de Vigo en 1991. Na devandita época, o actual edificio de Ciencias Experimentais aínda non se construira, polo que a titulación impartíase no que hoxe é o Edificio de Humanidades do Campus Universitario de Vigo.

A primeira promoción de licenciados/as en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo data do 1996.

Ata o ano 2002 as actuais facultades de Ciencias do mar, Bioloxía e Química atopábanse fusionadas na antiga “Facultade de Ciencias”. En dito ano estas facultades adquiriron autonomía como centros individuais.

No curso 2019/2020 se graduará a VIII promoción de alumnos e alumnas do Grao en Ciencias do Mar.