Close
Menu

Matrícula

A Universidade de Vigo conta cun portal específico que permite realizar a matrícula vía internet. Para iso, debes acceder ao seguinte ligazón da Secretaría Virtual da Universidade e seleccionar a opción “Son un alumno que accedo por primeira vez (…)” e seguir as indicacións da web.


MATRÍCULA
ESTUDOS DE GRAO

Na seguinte ligazón podes obter información relativa á matrícula en titulacións de grao.


MATRÍCULA
ESTUDOS DE MÁSTER

Na seguinte ligazón podes obter información relativa á matrícula en titulacións de máster.


MATRÍCULA
ESTUDOS DE DOUTORAMENTO

Na seguinte ligazón podes obter información relativa á matrícula en estudos de doutoramento.

Se tes calquera incidencia ou dúbida á hora de matricularche nas titulacións da Facultade de Ciencias do Mar, podes contactar por teléfono co:

Decanato -> 986 81 25 52

Secretaría de alumnos -> 986 81 35 94 – 986 81 25 52

 

ACCESO E ADMISIÓN

Sistemas de información previa á matriculación e procedementos accesibles de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso para facilitar a súa incorporación á universidade e a titulación.

Vías de acceso

As vías de acceso son as xerais establecidas para a Universidade.

Perfil de ingreso

Os coñecementos previos recomendables para aqueles alumnos que queiran cursar Ciencias do Mar son os de bacharelato de ciencias, no que se imparte as catro disciplinas científicas básicas: Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química e Matemáticas.

Canles de difusión

Á parte da difusión que a Universidade de Vigo de maneira xeral fai de todas as súas titulacións (publicacións, web, actos informativos,…), a Facultade de Ciencias do Mar dispón da súa propia páxina web como canle de difusión cara aos posibles novos estudantes. Habitualmente a facultade participa en charlas e outras actividades destinadas a estudantes e orientadores de ensino secundario, organizadas pola Facultade de Ciencias do Mar á parte de organizar xornadas de portas abertas aos institutos que o soliciten.

Procedementos e actividades de orientación

Ao comezo de cada curso organízanse xornadas de orientación e divulgación dirixidas aos novos ingresados onde se lles ofrece información básica para o desenvolvemento da súa vida como estudantes: estrutura organizativa da facultade e da universidade, sentido e estrutura dos estudos, funcionamento dos distintos servizos e infraestruturas (biblioteca, talleres, aulas, material e ferramentas á súa disposición…). Nestas xornadas ofréceselles información xeral de carácter académico que lles oriente sobre o desenvolvemento dos seus estudos con vistas ao mellor aproveitamento das actividades formativas programadas. Tamén se lles informa dos seus dereitos e obrigacións para participar nos órganos de goberno da Universidade, nas enquisas de avaliación docente, etc. A Biblioteca organiza charlas e cursos específicos dirixidos aos novos estudantes sobre o uso da mesma: organización dos fondos, accesibilidade, sistemas de procura en arquivos, sistemas de peticións de títulos, etc…

Por outra banda, o sistema interno de garantía de calidade ( SGIC) desta Facultade recolle no seu procedemento PC03 as pautas de elaboración e documentación asociados á definición de perfís e captación de estudantes.

ÓRGANOS/ UNIDADES RESPONSABLES DESEÑO – Equipo Decanal
– Comisión de Grao
APROBACIÓN – Xunta de Facultade
EXECUCIÓN – Equipo Decanal do Centro
– Comisión designada pola Xunta de Facultade
SEGUIMENTO E MELLORA – Equipo Decanal do Centro
– Comisión de Garantía de Calidade
– Comisión de Grao
– Coordinador de Calidade
OUTROS ÓRGANOS IMPLICADOS (EXTERNOS AO CENTRO) – Servizo da Universidade
– Vicerreitorado de Relacións Institucionais
GRUPOS DE INTERESE IMPLICADOS E MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN Estudantes: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas e participando das probas para determinar o perfil do ingreso real.
PDI: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas e colaborando nas accións de Promoción do Centro e Captación de estudantes.
PAS: a través dos seus representantes na CGC e participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Egresados: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Empregadores: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Administracións Públicas: Achegando e tomando as decisións que lle competen.
Sociedade en xeral: Analizando e reaccionando ás accións establecidas e aos resultados obtidos.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS O Equipo Decanal xunto coa Comisión de Garantía de Calidade e a Comisión designada para o deseño/seguimento do Título informarán aos distintos implicados acerca dos resultados asociados aos perfís de ingreso e egreso das titulacións e dos Plans de Promoción-Captación levados a cabo nos mesmos. Coordinarán ademais as accións de mellora pertinentes.
MECANISMOS TOMA DE DECISIÓNS Ver apartados 5 e 6 do procedemento.
RECOLLIDA E ANÁLISE DE INFORMACIÓN A Área de Calidade da Universidade de Vigo, xunto coa Comisión de Garantía de Calidade do Centro e o Coordinador de Calidade recollerá a información oportuna.
SEGUIMENTO, REVISIÓN E MELLORA Tras a análise da información, a CGC elaborará un informe de resultados, propoñendo as melloras que se consideren oportunas. A CGC propón así mesmo as modificacións e melloras ao proceso cando sexa necesario
INFORMACIÓN PÚBLICA O Equipo Decanal, xunto coa Comisión de Garantía de Calidade e o/a Coordinador-a de Calidade analizarán e promoverán a información pública pertinente á vista dos resultados obtidos e coa finalidade de manter un permanente fluxo de comunicación adecuado cos distintos implicados e grupos de interese.
Esta información será publicada como mínimo na páxina web do Centro.

Acceso e admisión

Os criterios de acceso son os establecidos pola lexislación vixente para os estudos de grao. Actualmente, non existe ningunha proba especial de acceso á titulación.

O sistema interno de garantía de calidade ( SGIC) desta Facultade recolle no seu procedemento PC04 as pautas de elaboración e documentación asociados para a selección, admisión e matriculación de estudantes.

ÓRGANOS/ UNIDADES RESPONSABLES DESEÑO – Equipo Decanal
– Comisión de Grao
APROBACIÓN – Xunta de Facultade
EXECUCIÓN – Comisión de Avaliación
SEGUIMIENTO E MELLORA – Equipo Decanal do Centro
– Comisión de Garantía de Calidade
– Comisión de Grao/Comisión designada pola mesma
– Coordinador de Calidade
OUTROS ÓRGANOS IMPLICADOS (EXTERNOS AO CENTRO) – Unidades de Xestión Académica
– CIUG
GRUPOS DE INTERESE IMPLICADOS E MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN Estudantes: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas e participando das probas para determinar o perfil do ingreso real.
PDI: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas e colaborando nas accións de Promoción do Centro e Captación de estudantes.
PAS: a través dos seus representantes na CGC e participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Egresados: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Empregadores: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Administracións Públicas: Achegando e tomando as decisións que lle competen.
Sociedade en xeral: Analizando e reaccionando ás accións establecidas e aos resultados obtidos.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS O Equipo Decanal xunto coa Comisión de avaliación, informarán aos distintos implicados acerca da Política de procedemento de Admisión-Selección de Estudantes de cada titulación. A Comisión de Avaliación velará pola transparencia das accións/probas de avaliación efectuadas publicando as listas provisionais de admitidos, resolvendo as reclamacións presentadas e publicando a lista definitiva.
MECANISMOS TOMA DE DECISIÓNS Ver apartados 5 e 6 do procedemento.
RECOLLIDA E ANÁLISE DE INFORMACIÓN A Área de Calidade da Universidade de Vigo, xunto coa Comisión de Garantía de Calidade do Centro e o Coordinador de Calidade recollerá a información oportuna.
SEGUIMENTO, REVISIÓN E MELLORA Tras a análise da información, a CGC elaborará un informe de resultados, propoñendo as melloras que se consideren oportunas. A CGC propón así mesmo as modificacións e melloras ao proceso cando sexa necesario.
INFORMACIÓN PÚBLICA O Equipo Decanal, xunto coa Comisión designada e o/a Coordinador-a de Calidade, analizarán e promoverán a información pública pertinente á vista dos resultados obtidos e coa finalidade de manter un permanente fluxo de comunicación adecuado cos distintos implicados e grupos de interese.
Esta información será publicada como mínimo na páxina web do Centro.