A UVigo xestiona as bolsas de carácter xeral convocadas polo MECD para o seu alumnado de grao e máster.
Ademais, ten un programa propio de bolsas e axudas ao alumnado de grao, máster e doutoramento, ao que destina unha parte importante do seu orzamento. Os obxectivos deste programa son:
- Garantir o acceso ao ensino superior das persoas que carezan de recursos económicos.
- Garantir o acceso ao ensino superior en condicións de igualdade ao alumnado con necesidades educativas especiais.
- Promover a mobilidade nacional e internacional do alumnado.
- Completar a formación do alumnado mediante a participación nas actividades da universidade e na realización de prácticas en empresas e institucións en réxime de compatibilidade cos seus estudos.
- Apoiar a participación estudantil en distintos ámbitos universitarios.
- Iniciar ao alumnado nas actividades de investigación.