Close

Delegación

DELEGACIÓN DE ALUMNOS

A Delegación de Estudantes é un vínculo máis directo entre o alumnado das titulacións da Facultade e o profesorado que nos imparte, xa que calquera tema se xestiona máis directamente a través de nós e temos un peso importante na toma dalgunhas decisións.

Ademais, xestionamos a distribución das taquillas da Facultade e o préstamo de material para Prácticas de Laboratorio e Seminarios.

Tamén realizamos actividades externas, en coordinación co Decanato, entre as que destacamos:

· Organización de actividades nas festas de San Alberte (patrón da Facultade).

· Participación en actividades de difusión da titulación, como Edugal (Feira da Educación).

· Xogos intercentros.

· Visitas a Centros ou Institucións relacionados co medio mariño, como IGAFA, IEO, Escola Naval de Marín ou Lonxa de Vigo, entre outros.

Tamén podes seguirnos a través das nosas redes sociais:

Twitter: Ciencias do Mar UVigo (@deleccmaruvigo) / X (twitter.com)

Instagram: Ciencias do Mar 🦀 (@deleccmaruvigo) • Fotos y videos de Instagram

https://linktr.ee/deleccmaruvigo

Animámosvos a pasar polo noso local en calquera momento e descubrir como traballamos!!