Close

Comisión de calidade

A comisión de calidade da Facultade de Ciencias do Mar é un órgano delegado da xunta de facultade, que participa na planificación e seguimento do Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) da facultade.

As funcións da Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias do Mar, segundo o establecido no Manual do Sistema de Garantía Interno de Calidade no punto 3.4.3 do capítulo 3, son as seguintes:

  • Verifica a planificación do SGIC da Facultade, de modo que se asegure o cumprimento dos requisitos xerais do Manual do SGIC, da Política e os Obxectivos de Calidade e dos requisitos contemplados nas normativas de verificación e certificación correspondentes.
  • Informa á Facultade da Política e os Obxectivos Xerais da Calidade da Facultade.
  • Recibe e, no seu caso, coordina a formulación dos obxectivos anuais da Facultade e realiza o seguimento da súa execución.
  • Realiza o seguimento da eficacia dos procedementos a través dos indicadores asociados aos mesmos.
  • Analiza e asesora sobre a conveniencia de posibles modificacións do organigrama de funcionamento da Facultade.
  • Controla a execución das accións correctivas e/ou preventivas de calquera proxecto ou proceso que non teña asignado especificamente un responsable para o seu seguimento, tales como as actuacións derivadas da revisión do sistema e das accións de resposta ás suxerencias, queixas e reclamacións.
  • Estuda e, no seu caso, aproba a implantación das propostas de mellora do SGIC suxeridas polos restantes membros da Facultade.
  • Decide a periodicidade e a duración, dentro do seu ámbito de competencia, das campañas de recollida de enquisas de medida de satisfacción dos grupos de interese.
  • É informada polo Coordinador de Calidade dos resultados das enquisas de satisfacción e propón as propostas de mellora que poidan derivarse deses resultados.

A composición da Comisión de Calidade, tal e como se recolle no Manual do Sistema de Garantía Interno de Calidade no seu capítulo de presentación, é a que segue:

  • Dous membros do Equipo Decanal
  • Un representante de PDI de cada unha das titulacións da Facultade (grao, máster e doutoramento)
  • Un representante dos alumnos de cada unha das titulacións da Facultade
  • Un representante dos egresados de cada unha das titulacións
  • Un representante do PAS
  • Un representante da Sociedade (empregadores e outros grupos de interese)
  • Un coordinador de Calidade
  • Un membro da área de Calidade, designado pola dirección da mesma

Para consultar os membros da Comisión de Garantía Interna de Calidade pique AQUÍ.

Acceso restrinxido