Close

Infraestruturas

Contamos con 4 aulas con pupitres corridos con capacidades de 144, 84, e dúas aulas de 70 postos. Están dotadas con proxectores, ordenador, tableta gráfica, conexión a internet. As 4 contan cun sistema para seguimento das clases on-line. Todas elas están situadas na primeira planta do Sector C.

Contamos con 6 seminarios con mesas individuais móbiles de 12, 22 (4 seminarios), 24 e 33 postos. Todas están dotadas de proxectores ou TV de gran formato, ordenador, tableta gráfica e conexión a internet. Todas atopanse na primeira planta do Sector C excepto unha que se sitúa na segunda planta do Sector C.

Contamos cun total de 15 laboratorios dotados co material necesario para o desenvolvemento das prácticas dos diferentes ámbitos das ciencias do mar (biolóxico, xeolóxico, físico e químico). Teñen capacidade para albergar grupos de 24 estudantes. Todos contan con equipos informáticos e de proxección con conexión a internet. Están distribuídos en varias plantas dos Sectores B, C e D.

Aula dotada de amplas mesas para poder traballar con planos e mapas de gran tamaño con capacidade para 40 postos. Conta con computador, proxector e conexión a internet. Atópase situada nos baixos do Sector C.

Ten capacidade para 20 postos e está dotada con todo o necesario para realizar conexións por videoconferencia cunha TV de gran formato. Atópase no primeiro andar do Sector C.

Aula de uso múltiple que permite impartir clases teóricas ou prácticas ou, fóra do horario lectivo, o seu libre uso por parte do alumnado. Dispón de 26 ordenadores con conexión a internet e co software necesario para as actividades formativas. Ademais, o ordenador do profesor está conectado a unha pantalla de TV de gran formato.

Tamén contase cunha aula de informática de uso compartido coa Facultade de Bioloxía dotada con 24 computadores portátiles de gran capacidade, conexión a internet e un sistema para seguimento das clases on-line. Atópase na planta baixa do Sector A.

iciencias.uvigo.es

É de uso compartido coas Facultades de Bioloxía e de Química. Ten unha capacidade para 350 persoas sentadas. Ten un ordenador con sistemas de proxección dixital, tanto en TV de gran formato como en canón led, ademais conta con sistema de videoconferencia. Utilízase fundamentalmente tanto para a celebración de actos académicos e protocolarios, como de actividades culturais (ciclos de conferencias, cen, exposicións, etc.). Sitúase na planta baixa do Sector de administración (Sector Común).

Contamos con dous salóns de graos con capacidade para 48 e 60 persoas. Ambos contan ordenador, sistema de proxección en TV de gran formato, conexión a internet e sistema de videoconferencia. É onde se adoitan defender os TFGs, TFMs e Teses doutorais. Un atópase no primeiro andar do Sector Común e outro na terceiro andar do Sector C.

É un edificio anexo ao Sector C. Conta con tres plantas e con 150 postos de lectura. Os fondos son de libre acceso. Os postos teñen enchufes para ordenadores portátiles e tabletas e ten cobertura wifi. Conta con dúas salas de traballo con capacidade para 8 persoas, separadas dos postos de lectura.

A Biblioteca | Universidade de Vigo (uvigo.gal)

Dispoñemos de dúas salas con capacidade para 22 e 10 persoas, respectivamente, que contan con equipos informáticos e de proxección con conexión a internet. Nestas salas reúnense as comisións académicas da Facultade para realizar as súas actividades de planificación e desenvolvemento da docencia. Así mesmo, estas salas poden ser utilizadas polos grupos de investigación da Facultade para facer reunións de diversa índole. Atópase no primeiro andar do Sector Común.

O alumnado da Facultade dispón dunha sala onde coordinar e canalizar a representación dos estudantes da Facultade na Xunta de Facultade e Comisións Delegadas. Atópase no primeiro andar do Sector C.

Todos os espazos de todos os Sectores incluídos os corredores e o xardín, ten cobertura wifi que pode ser usada tanto polo persoal da Universidade de Vigo como polo estudantado mediante a súa autenticación.

A cafetería sitúase na planta baixa do Sector Común, a continuación do Salón de Actos. Encima, no primeiro andar, está o comedor cunha capacidade para 250 persoas con sistema de autoservizo.