Close

24 Maio, 2022

Convocatoria para selección de dúas persoas para participar na campaña oceanográfica RADPROF 2022 do 13 ao 24 de XUÑO de 2022 a bordo do BIO Ramón Margalef, con saída do porto de Santander e chegada ao porto da Coruña.

Convocatoria para selección de dúas persoas para participar na campaña oceanográfica RADPROF 2022 do 13 ao 24 de XUÑO de 2022  a bordo del BIO Ramón Margalef, con saída do porto de Santander e chegada ao porto da Coruña. Os traballos para realizar serán relacionados coa oceanografía química inorgánica e comprenderán mostraxe, análise e procesado a bordo.

 

1.- Dirixida ao alumnado de 4º do grao Ciencias do Mar ou o Master en Oceanografía e que teña superadas as materias de: Química I, Química II, Oceanografía Química I, Oceanografía Química II, Química Aplicada ao Medio Mariño I, Química Aplicada ao Medio Mariño II.

2.- Documentación que ten que presentar:

  1. Carta de interese en participar na campaña.
  2. Expediente académico que inclúa a nota media calculada automaticamente.
  3. Dispoñibilidade durante a primeira quincena de xuño para preparar material de campaña
  4. De estimalo necesario a Investigadora Principal, poderase ter unha entrevista persoal, xa sexa presencial ou telemáticamente.

3.- A documentación será enviada por correo electrónico á Dra. Marta Álvarez do IEO (marta.alvarez@ieo.csic.es) que será quen faga a selección.

4.- La Data llímite: 2 Xuño de 2022.

5.- A persoa seleccionada ten que:

  1. Facer a ampliación da súa póliza de seguro escolar á modalidade Cum Laude Plus cuxo custo é de 10,70 € e hai que subscribila nesta dirección web http://www.espaciouni.es/artai/segurocumlaudeplus/adhesiones.php

Regularizar a actividade mediante os impresos de prácticas extracurriculares

24 Maio, 2022