A Universidade de Vigo conta cun portal específico que permite realizar a matrícula vía internet. Para iso, debes acceder ao seguinte ligazón da Secretaría Virtual da Universidade e seleccionar a opción “Son un alumno que accedo por primeira vez (…)” e seguir as indicacións da web.
Na seguinte ligazón podes obter información relativa á matrícula en titulacións de grao.
Na seguinte ligazón podes obter información relativa á matrícula en titulacións de máster.
Na seguinte ligazón podes obter información relativa á matrícula en estudos de doutoramento.
Se tes calquera incidencia ou dúbida á hora de matricularche nas titulacións da Facultade de Ciencias do Mar, podes contactar por teléfono co:
Decanato -> 986 81 25 52
Secretaría de alumnos -> 986 81 35 94 – 986 81 25 52
Sistemas de información previa á matriculación e procedementos accesibles de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso para facilitar a súa incorporación á universidade e a titulación.
Vías de acceso
As vías de acceso son as xerais establecidas para a Universidade.
Perfil de ingreso
Os coñecementos previos recomendables para aqueles alumnos que queiran cursar Ciencias do Mar son os de bacharelato de ciencias, no que se imparte as catro disciplinas científicas básicas: Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química e Matemáticas.
Canles de difusión
Á parte da difusión que a Universidade de Vigo de maneira xeral fai de todas as súas titulacións (publicacións, web, actos informativos,…), a Facultade de Ciencias do Mar dispón da súa propia páxina web como canle de difusión cara aos posibles novos estudantes. Habitualmente a facultade participa en charlas e outras actividades destinadas a estudantes e orientadores de ensino secundario, organizadas pola Facultade de Ciencias do Mar á parte de organizar xornadas de portas abertas aos institutos que o soliciten.
Procedementos e actividades de orientación
Ao comezo de cada curso organízanse xornadas de orientación e divulgación dirixidas aos novos ingresados onde se lles ofrece información básica para o desenvolvemento da súa vida como estudantes: estrutura organizativa da facultade e da universidade, sentido e estrutura dos estudos, funcionamento dos distintos servizos e infraestruturas (biblioteca, talleres, aulas, material e ferramentas á súa disposición…). Nestas xornadas ofréceselles información xeral de carácter académico que lles oriente sobre o desenvolvemento dos seus estudos con vistas ao mellor aproveitamento das actividades formativas programadas. Tamén se lles informa dos seus dereitos e obrigacións para participar nos órganos de goberno da Universidade, nas enquisas de avaliación docente, etc. A Biblioteca organiza charlas e cursos específicos dirixidos aos novos estudantes sobre o uso da mesma: organización dos fondos, accesibilidade, sistemas de procura en arquivos, sistemas de peticións de títulos, etc…
Acceso e admisión
Os criterios de acceso son os establecidos pola lexislación vixente para os estudos de grao. Actualmente, non existe ningunha proba especial de acceso á titulación.
Por outra banda, o sistema de garantía de calidade (SGIC) desta Facultade recolle as pautas de acceso e admisión (AC 0104 P1 Acceso y admisión) e de matricula (AC 0201 P1 Matrícula)
© 2019 – Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo. Todos los derechos reservados
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INFORMACIÓN | |
+34 986 812 000 | |
informacion@uvigo.es |
CAMPUS DE OURENSE | |
+34 988 387 102 | |
Campus da Auga |
CAMPUS DE PONTEVEDRA | |
+34 986 801 949 | |
CampusCREA |
CAMPUS DE VIGO | |
+34 986 801 949 | |
VigoTecnolóxico |
CONTACTO |
BUZÓN DE QUEJAS, SUGERENCIAS Y FELICITACIONES |
OTRAS WEBS INSTITUCIONALES |
CAMPUS DO MAR |
TRANSPARENCIA |
EMERGENCIAS |
MURO SOCIAL |
| Accesibilidad |