Close

Prácticas externas

O Módulo 5 do Plan de Estudos de Ciencias do Mar consiste na realización de prácticas profesionais externas cunha carga de 6 créditos ECTS. A realización de prácticas externas permite ao estudante tomar contacto directo coa realidade do mercado de traballo, así como o aprendizaxe de determinadas aplicacións profesionais en función do sector de elección. Así mesmo, é unha ferramenta poderosa para dar a coñecer o perfil profesional e as competencias dos graduados en Ciencias do Mar nas empresas que desenvolven a súa actividade no ámbito mariño.

Na Universidade de Vigo as prácticas externas xestionanse dende os centros e dependen da Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento.