Prácticas externas
O Módulo 5 do Plan de Estudos de Ciencias do Mar consiste na realización de prácticas profesionais externas cunha carga de 6 créditos ECTS. A realización de prácticas externas permite ao estudante tomar contacto directo coa realidade do mercado de traballo, así como o aprendizaxe de determinadas aplicacións profesionais en función do sector de elección. Así mesmo, é unha ferramenta poderosa para dar a coñecer o perfil profesional e as competencias dos graduados en Ciencias do Mar nas empresas que desenvolven a súa actividade no ámbito mariño.
Na Universidade de Vigo as prácticas externas xestiónanse desde os centros e dependen do Vicerreitorado de estudantado e empregabilidade.
Normativa
- Real Decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios
- Regulamento Prácticas Académicas Externas UVIGO
- Regulamento por Normativa de Prácticas Académicas Externas CCMAR (aprobado en Xunta de Facultade o 7/7/2025)
- Modelo de memoria de Prácticas Académicas Externas
Formularios
- Anexo I - Condicións da práctica académica externa
- Anexo II - Declaración responsable como entidade colaboradora no programa de prácticas
- Axexo III - Compromiso do/a estudante en prácticas
- Anexo IV - Informe titorización entidade
- Anexo V - Informe titorización universidade
- Anexo VI - Informe final estudante
- Anexo VII - Solicitude de modificación das condicións das prácticas
- Anexo VIII - Solicitude de rescisión/interrupción das prácticas
- Anexo IX - Certificado titorización entidade
- Anexo X - Certificado prácticas estudante