A Universidade de Vigo dispón dun portal actualizado de bolsas no que se publican as axudas de diferentes organismos públicos estatais, autonómicos e locais, así como as axudas propias da Universidade de Vigo.
A UVigo xestiona as bolsas de carácter xeral convocadas polo MECD para o seu alumnado de grao e máster.
Ademais, ten un programa propio de bolsas e axudas ao alumnado de grao, máster e doutoramento, ao que destina unha parte importante do seu orzamento. Os obxectivos deste programa son:
Garantir o acceso ao ensino superior das persoas que carezan de recursos económicos.
Garantir o acceso ao ensino superior en condicións de igualdade ao alumnado con necesidades educativas especiais.
Promover a mobilidade nacional e internacional do alumnado.
Completar a formación do alumnado mediante a participación nas actividades da universidade e na realización de prácticas en empresas e institucións en réxime de compatibilidade cos seus estudos.
Apoiar a participación estudantil en distintos ámbitos universitarios.
Iniciar ao alumnado nas actividades de investigación.