Close

Máster

Máster Universitario en Oceanografía pola Universidad de Cádiz, a Universidad de Las Palmas de Gran Canaria e a Universidade de Vigo (coordinado por ULPGC)

Rama de coñecemento: Ciencias

Centro: Facultade de Ciencias do Mar

Coordinación: Miguel Angel Nombela

Descrición do título:

O Máster Universitario en Oceanografía pola Universidade das Palmas de Gran Canaria, a Universidade de Vigo e a Universidade de Cádiz analiza de forma interdisciplinar e multidisciplinar os procesos que teñen lugar nos océanos, incluíndo mares superficiais, marxes continentais e océano profundo, así como as estruturas resultantes destes. Este Máster ofértase con orientación investigadora, e está especialmente ideado para alumnos que pretendan acceder a postos de responsabilidade en institucións e empresas relacionadas coa Oceanografía, ou proseguir con estudos de Doutoramento no ámbito das Ciencias do Mar.

A Comisión Académica do Máster propoñerá aos alumnos non procedentes do grao en Ciencias do Mar ou titulacións afíns, os complementos formativos que deben cursar, analizando cada caso de forma individualizada, e considerando, ademais da titulación de acceso, os aspectos que acheguen nos seus CV relacionados coa Oceanografía. Os complementos formativos dependen da titulación de acceso e son: OF – Oceanografía Física, OQ – Oceanografía Química, OB – Oceanografía Biolóxica, OG – Oceanografía Xeolóxica.

Créditos: 60 ECTS

Duración: 1 ano

Modalidade: Presencial

Idioma: Castelán

Prazas ofertadas: 60 en total (20 na UVigo)

Admisión e perfil de ingreso: http://masteroceanografia.com/admision/

Para obter o título de MÁSTER EN OCEANOGRAFÍA os alumnos terán que superar 40 créditos ECTS módulo obrigatorio + 20 créditos ECTS dunha das especialidades impartidas nas diferentes sedes

Para máis información pulsa no seguinte botón: