Close

Facultade

A facultade de Ciencias do Mar atópase no Edificio de Ciencias Experimentais do Campus Universitario de Vigo.

A licenciatura en Ciencias do mar comenzouse a impartir na Universidade de Vigo en 1991. Na devandita época, o actual edificio de Ciencias Experimentais aínda non se construira, polo que a titulación impartíase no que hoxe é o Edificio de Humanidades do Campus Universitario de Vigo.

A primeira promoción de licenciados/as en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo data do 1996.

Ata o ano 2002 as actuais facultades de Ciencias do mar, Bioloxía e Química atopábanse fusionadas na antiga “Facultade de Ciencias”. En dito ano estas facultades adquiriron autonomía como centros individuais.

No curso 2023/2024 se graduará a XII promoción de alumnos e alumnas do Grao en Ciencias do Mar.

Misión

Formación de titulados universitarios: A nosa misión primordial é formar Titulados Universitarios na Rama de Coñecemento de Ciencias da Terra, con coñecementos actualizados, capacidades autónomas de aprendizaxe e plena competencia para desenvolver a súa profesión no marco das estratexias do Crecemento Azul.

 

Xeración e transferencia de coñecemento: Potenciamos a transferencia de coñecemento e innovación no ámbito das Ciencias Mariñas, así como a investigación e divulgación dos seus resultados para contribuír ao Crecemento Azul. Aproveitamos os recursos como el coñecemento científico e tecnolóxico; instalacións e equipamento e a experiencia do equipo docente e investigador.

 

Demandas sociais e empresariais: Nos comprometemos a responder as demandas sociais e empresariais tanto da Comunidade Autónoma de Galicia como do resto do país. Contribuímos ao benestar social e económico das persoas, especialmente no ámbito do Crecemento Azul.

 

Espazo Europeo de Educación Superior: Aspiramos a ser un referente universitario na calidade e na mellora continua das súas actividades, adaptándose ás esixencias que reclama a integración no Espazo Europeo de Educación Superior. Para iso, a Facultade de Ciencias do Mar oferta estudos de grao e posgrao relacionados co estudo dos mares e océanos. A partir de 2009, a Facultade de Ciencias do Mar oferta os estudos de Graduado ou Graduada en Ciencias do Mar e, desde o ano 2015, o Mestrado Universitario en Oceanografía pola UCA, ULPGC e UVigo.

Visión

Mellora continua: Nos proxectamos como unha referencia na Universidade de Vigo, potenciando a súa posición no mundo universitario mediante una política e obxectivos dirixidos a potenciar la cultura de mellora continua e a aposta por la calidade das súas titulacións.

 

Investigación – coñecemento – formación: Fomentamos o espírito de investigación para contribuír ao avance científico e tecnolóxico. A transmisión do devandito coñecemento á sociedade e a formación de novos investigadores será o noso mellor distintivo.

 

Garantía de calidade:  Implantamos uns criterios de Calidade como un factor estratéxico para asegurar que as competencias, habilidades e aptitudes dos/das nosos egresados/as sexan recoñecidas polas empresas, organismos e centros de contratación, así como pola sociedade en xeral. Para iso, o noso Sistema de Garantía Interno de Calidade orienta os seus esforzos cara á obtención da satisfacción de todos os grupos de interese e comprométese a utilizar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles para a mellora da oferta educativa e con iso, a mellora dos resultados da formación.