Convocatoria de eleccións a representantes de PDI-B, estudantado e PAS para a Xunta de Facultade de Ciencias do Mar 2024
D. Miguel Ángel Nombela Castaño, decano da Facultade de Ciencias do Mar, unha vez
concluido o periodo de dous anos dos representantes de PDI-B, Estudantado e PAS en
Xunta de Facultade, resolve abrir o procedemento para a elección de representantes dos
devanditos sectores, polo que según o establecido no artigo 57 e seguintes do Regulamento
Electoral Xeral da Uvigo, aprobado polo Claustro Universitario o día 15 de outubro de 2019
e modificado o 16 de outubro de 2020, 29 de outubro e 17 de decembro de 2021, publícase
a convocatoria nos seguintes termos aprobados pola Xunta Electoral da Facultade:
a) Exposición de censos provisionais no taboleiro electoral e na páxina web da Facultade
(Actualidade/Avisos/Elecciones Representantes a Xunta de Facultade): do 30 de setembro
ó 3 de outubro de 2024
b) Prazo de reclamacións aos censos provisionais (por correo electrónico a decanatoccedomar@uvigo.es) do 7 ao 10 de outubro de 2024.
c) Exposición de censos definitivos: 14 de outubro de 2024.
d) Prazo de presentación de candidaturas: do 15 ó 21 de outubro de 2023, no Rexistro do
centro, segundo o modelo de impreso que atópase no Decanato ou na páxina web da
Facultade (Actualidade/Avisos/Elecciones Representantes a Xunta de Facultade)
e) Data de proclamación provisional de candidaturas: 22 de outubro de 2024
f) Prazo de presentación de reclamacións: do 23 ó 24 de outubro de 2024
g) Data de proclamación definitiva de candidaturas: 28 de outubro de 2024
h) Votación:
Data: mércores 30 de outubro de 2024
Lugar: Sala de Xuntas
Hora: de 10:00 a 18:00
i) Data de proclamación provisional das persoas candidatas electas: 31 de outubro de 2024
j) Prazo de presentación de reclamación contra a proclamación provisional: do 4 ó 5 de
novembro de 2024
k) Data de proclamación definitiva das persoas candidatas electas: 6 de novembro de 2024
Pode descargar a información desta convocatoria en esta ligazón.
Pode descargar os censos provisionais nas seguintes ligazóns:
Pode descargar os impresos nas seguintes ligazóns:
Unha vez finalizado o prazo de reclamacións ás candidaturas para representantes en Xunta de Facultade de Estudantes, PDI-D e PAS, comunicamos a proclamación definitiva de candidaturas:
Estudiantado:
Battich Magalhaes, Yasmín
Lázara Otero, Marta
Pastoriza Lema, Adrea
Picallo Martínez, Rocío
Quiroga Otero, Uxue
Rey González, Leila
Rivera Arcay, Andrea
Suárez-Llanos Esteban, Almudena
Vila Giraldez, Marta
PDI-B:
Piñeiro Juncal Nerea
PAS:
Rúa Santervás, Margarita Sandra
Como non se supera o número máximo de candidatos presentados a cada sector, non é necesario realizar a votación, polo que as persoas arriba referidas quedan proclamadas como membros da Xunta de Facultade de Ciencias do Mar.