
Comisión de calidade
A comisión de calidade da Facultade de Ciencias do Mar é un órgano delegado da xunta de facultade, que participa na planificación e seguimento do Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) da facultade.
Las funcións do Coordinador de Calidade da Facultade de Ciencias do Mar, segundo o establecido no Manual do Sistema de Garantía Interna de Calidade no punto 2.2 do capítulo 2, son as seguintes:
- Dinamizar a política de calidade do centro.
- Informar ao equipo decanal sobre o desempeño do SGIC e sobre calquera necesidade de mellora.
- Promover a comunicación entre os distintos grupos de interese e o equipo decanal en materia de calidade.
- Liderar a implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC.
- Coordinar a planificación e o desenvolvemento dos programas vinculados á calidade no centro.
- Promover o coñecemento, por parte das persoas implicadas, das súas responsabilidades en materia de calidade cara aos distintos grupos de interese.
- Actuar como interlocutor directo entre o Área de Calidade e os grupos de interese do centro, informando das cuestións institucionais que se acorden e impliquen ao seu centro.
A composición da Comisión de Calidade, tal e como se recolle no Manual do Sistema de Garantía Interno de Calidade no seu capítulo de presentación, é a que segue:
- Director/a ou decano/a do centro, que a preside.
- Coordinador/a de calidade.
- Coordinador/a de cada unha das titulacións de grao do centro, ou persoa en quen delegue.
- Coordinador/a de cada unha das titulacións de mestrado do centro ou persoa en quen delegue.
- Enlace de igualdade.
- Coordinador/a do PAT/PIUNE.
- Unha persoa representante do profesorado.
- Unha persoa representante das direccións de departamento con sede no centro.
- Unha persoa representante do estudantado de grao.
- Unha persoa representante do estudantado de máster.
- Unha persoa representante da delegación do estudantado do centro.
- Unha persoa representante do estudantado egresado.
- Persoa administradora do centro ou aquela en quen delegue.
- Unha persoa representante da sociedade.
Acceso restrinxido