INICIO / Facultade
A facultade de Ciencias do Mar atópase no Edificio de Ciencias Experimentais do Campus Universitario de Vigo.
A licenciatura en Ciencias do mar comenzouse a impartir na Universidade de Vigo en 1991. Na devandita época, o actual edificio de Ciencias Experimentais aínda non se construira, polo que a titulación impartíase no que hoxe é o Edificio de Humanidades do Campus Universitario de Vigo.
A primeira promoción de licenciados/as en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo data do 1996.
Ata o ano 2002 as actuais facultades de Ciencias do mar, Bioloxía e Química atopábanse fusionadas na antiga “Facultade de Ciencias”. En dito ano estas facultades adquiriron autonomía como centros individuais.
No curso 2024/2025 se graduará a XIII promoción de alumnos e alumnas do Grao en Ciencias do Mar.
Formación de titulados universitarios: A nosa misión primordial é formar Titulados Universitarios na Rama de Coñecemento de Ciencias da Terra, con coñecementos actualizados, capacidades autónomas de aprendizaxe e plena competencia para desenvolver a súa profesión no marco das estratexias do Crecemento Azul.
Xeración e transferencia de coñecemento: Potenciamos a transferencia de coñecemento e innovación no ámbito das Ciencias Mariñas, así como a investigación e divulgación dos seus resultados para contribuír ao Crecemento Azul. Aproveitamos os recursos como el coñecemento científico e tecnolóxico; instalacións e equipamento e a experiencia do equipo docente e investigador.
Demandas sociais e empresariais: Nos comprometemos a responder as demandas sociais e empresariais tanto da Comunidade Autónoma de Galicia como do resto do país. Contribuímos ao benestar social e económico das persoas, especialmente no ámbito do Crecemento Azul.
Espazo Europeo de Educación Superior: Aspiramos a ser un referente universitario na calidade e na mellora continua das súas actividades, adaptándose ás esixencias que reclama a integración no Espazo Europeo de Educación Superior. Para iso, a Facultade de Ciencias do Mar oferta estudos de grao e posgrao relacionados co estudo dos mares e océanos. A partir de 2009, a Facultade de Ciencias do Mar oferta os estudos de Graduado ou Graduada en Ciencias do Mar e, desde o ano 2015, o Mestrado Universitario en Oceanografía pola UCA, ULPGC e UVigo.
Mellora continua: Nos proxectamos como unha referencia na Universidade de Vigo, potenciando a súa posición no mundo universitario mediante una política e obxectivos dirixidos a potenciar la cultura de mellora continua e a aposta por la calidade das súas titulacións.
Investigación – coñecemento – formación: Fomentamos o espírito de investigación para contribuír ao avance científico e tecnolóxico. A transmisión do devandito coñecemento á sociedade e a formación de novos investigadores será o noso mellor distintivo.
Garantía de calidade: Implantamos uns criterios de Calidade como un factor estratéxico para asegurar que as competencias, habilidades e aptitudes dos/das nosos egresados/as sexan recoñecidas polas empresas, organismos e centros de contratación, así como pola sociedade en xeral. Para iso, o noso Sistema de Garantía Interno de Calidade orienta os seus esforzos cara á obtención da satisfacción de todos os grupos de interese e comprométese a utilizar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles para a mellora da oferta educativa e con iso, a mellora dos resultados da formación.
© 2019 – Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo. Todos los derechos reservados
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INFORMACIÓN | |
+34 986 812 000 | |
informacion@uvigo.es |
CAMPUS DE OURENSE | |
+34 988 387 102 | |
Campus da Auga |
CAMPUS DE PONTEVEDRA | |
+34 986 801 949 | |
CampusCREA |
CAMPUS DE VIGO | |
+34 986 801 949 | |
VigoTecnolóxico |
CONTACTO |
BUZÓN DE QUEJAS, SUGERENCIAS Y FELICITACIONES |
OTRAS WEBS INSTITUCIONALES |
CAMPUS DO MAR |
TRANSPARENCIA |
EMERGENCIAS |
MURO SOCIAL |
| Accesibilidad |