
Do 11 ao 13 de xuño de 2014, no Auditorio Alfredo Kraus de Las Palmas de Gran Canaria
Do 11 ao 13 de xuño de 2014 celebrase en Las Palmas de Gran Canaria o IV Congreso de Ciencias do Mar, evento que une ao IV Simposio Internacional de Ciencias do Mar, ao XVII Seminario Ibérico de Química Marina e ao Encuentro de la Oceanografía Física 2014. Os ponentes invitados son Jorge Sarmiento (Princeton University), Cisco Werner (NOAA), Sergio Sañudo-Wilhelmy (University Southern California), Eduardo Balguerías (IEO), Juan Tomás Vázquez (IEO Málaga), Javier Arístegui Ruiz (Universidad de Las Palmas de Gran Canaria) e Octavio Llinás (PLOCAN). Tamén participará Emilio Fernández Suárez, Colaborador da Subdirección Xeral de Proyectos de Investigación do Ministerio de Economía y Competitividad.
A data límite para o envío de abstracts é o próximo 31 de marzo. Os interesados poden atopar toda a información do evento na web http://ivcongresoccm.ulpgc.es