Close

28 Outubro, 2024

Convocatoria de eleccións a Decano/a da facultade de Ciencias do Mar

D/a Miguel Ángel Nombela Castaño , decano/a da Facultade de Ciencias do Mar, unha vez concluído o mandato electoral, e rematado o proceso electoral de elección de representantes de PDI-B, PALAS e Alumnado a Xunta de Facultade, resolve, abrir o procedemento para a elección do/a novo/a decano/a, polo que segundo o establecido no artigo 67.2 e seguintes do Regulamento electoral xeral da UVigo, aprobado polo Claustro Universitario o día 15 de outubro de 2019 e modificado nas sesión do 16 de outubro de 2020, 29 de outubro e 17 de decembro de 2021, publícase a convocatoria nos seguintes termos aprobados pola xunta electoral da facultade: a) Exposición de censos provisionais: do 29 de outubro a 4 de novembro de 2024 b) Prazo de reclamacións aos censos provisionais (por correo electrónico a decanatoccdomar@uvigo.es) do 5 ao 7 de novembro de 2024 c) Exposición de censos definitivos: 11 de novembro de 2024 d) Prazo de presentación de candidaturas: Do 12 ao 19 de novembro do 2024, no Rexistro do centro, indicando os datos persoais e sinalando as persoas que ocuparán os cargos de vicedeanos/as e secretario/a e) Data de proclamación provisional de candidaturas: 20 de novembro de 2024 f) Prazo de presentación de reclamacións: do 21 ao 22 de novembro de 2024 g) Data de proclamación definitiva de candidaturas: 25 de novembro. de 2024 h) Reunión da Xunta de Facultade para a votación: Data: mércores 27 de novembro de 2024 Lugar: Salón de Actos da Facultade de Cc do Mar

Hora: 12:00

i) Data, lugar e hora da reunión da Xunta de Facultade para a segunda votación, se fose
necesaria, (que poderá ter lugar na mesma sesión ca primeira, e nunca máis tarde de tres
días despois desta) mércores 27 de novembro de 2024, no Salón de Actos da Facultade
de cc do Mar, ás 13:15

 

Censo provisional dos membros da Xunta de Facultade
Convocatoria eleccións
Censo Definitivo dos membros da Xunta de Facultade de Cc do Mar

 

Candidatura provisional
Decana: María Elsa Vázquez Otero
Secretaria: Estefanía Rosendo Paredes
Vicedecana: María Cristina Sobrino García
Vicedecano: Óscar Nieto palmeiro

28 Outubro, 2024