Close

11 enero, 2018

Vigo, na cita de ciencias marinas de Mauritania

Mauritania converteuse neste mes de decembro nun foro de encontro de investigadores e investigadoras internacionais que traballan na conservación da biodeversidade en augas profundas deste país africano.

A Universidade de Vigo e o Institoto Español de Oceanografía foro as dúas institucións estatais presentes nos grupos de traballo e nunha xuntanza ministerial, nas que tamén toman parte expertos mauritanos e alemáns, así como varios ministros do país africano.

O grupo de traballo deuse cita no Institut Mauritanien de Recherches Océanographiques et des Pêches co obxectivo fundamental de converterse nun punto de encontro para o persoal investigador da comunidade científica internacional que desenvolve investigación en augas mauritanas, dándolles a oportunidade de compartir información, discutir ideas e planificar proxectos futuros.

Recorte de prensa orixinal

11 enero, 2018