Saída de Prácticas a Santa Pola (Alicante)
Saída de Campo a Santa Pola para alumnos de 3º e 4º de Grao
Descrición
Entre os días 10 e 13 de outubro de 2013 haberá unha saída de prácticas VOLUNTARIA a Santa Pola (Alicante), organizada por Elsa Vázquez e outros profesores da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de Alicante.
Precio e Prazo de Inscrición
O gasto da viaxe en autobús corre a cargo da Facultade, pero os participantes tendrán que asumir os gastos do aloxamento e das comidas e o transporte á illa de Tabarca.
Informaráse de si a dormida é no camping ou no hostal, dependendo dos prezos. Si é no camping os participantes tendrán que levar tenda.
Os alumnos/as interesados en ir a esta saída deberán pagar no decanato o importe de 70€ (en concepto de aloxamento, viaxe á Illa de Tabarca e visita ao Acuario) antes das 13:00 h do xoves 19 de setembro. A manutención (desayunos, comidas, cenas, etc.) non está incluida no prezo e corre a cargo de cada un/unha.
No caso de sobrar diñeiro dos 70€, devolveráse aos participantes.
Reunión Informativa cos Inscritos e Charla
O xoves 19 de setembro ás 13:00 os participantes deberán asistir á charla que dará o profesor da Universidade de Alicante José Luis Sánchez Lizaso, onde explicará os detalles da saída de prácticas en Alicante.
Charla:
A xestión de ecosistemas mariños no Mediterráneo.
Prof. Dr. José Luis Sánchez Lizaso. Facultad de Ciencias del Mar. Universidad de Alicante
Material
Os participantes deberán levar o seguinte material:
– gafas de buceo
– aletas
– bañador
– se algún/a participante dispon de traxe de buceo (neopreno) pode levarlo
Máis información, Resolución de dubidas e Inscrición
No Decanato de Ciencias do Mar en horario de 9:00 a 14:00 ou no 986812552