Xornada Saídas Profesionais 2025:

Invitada: Carmen González-Vallés Martínez. Directora das mesas sectoriais de cefalópodos na ONG Substainable Fisheries Partnership (SFP).
Día:
Luns 24 de febreiro de 2025.
Hora:
12:15 h.Lugar
:
Antigo Salón de Graos, Módulo C, 3º andar.

Estudou a Licenciatura en Ciencias do Mar en Vigo e ten un máster en Economía, avaliación e xestión dos recursos pesqueiros, cuxo proxecto de fin de máster desenvolveu no Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo. Tras a finalización do máster, pasou pola Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA) en Vigo e a Comisión de túnidos do Océano Índico (CTOI) en Seychelles. Ten unha ampla experiencia en programas de observación pesqueira, tanto como observadora como deseñando e coordinando ditos programas no Atlántico, Mediterráneo e Índico. Tras varios anos desenvolvendo diferentes proxectos de consultoría, uniuse a SFP, onde o seu posto foi evolucionando ao longo dos anos.