O Plan de Acción Titorial da Facultade de Ciencias do Mar configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria. Supón superar o modelo especificamente académico, unicamente preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor-alumno, alumno-alumno, etc. Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades dos alumnos, normalizando as distintas accións e acadando un axeitado equilibrio entre as expectativas dos alumnos e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

 

Documentación relacionada:

Protocolo PAT curso 16-17

Listado titores – alumnos PAT CC Mar curso 16-17

Anexos formularios PAT curso 16-17

PAT CC Mar completo curso 16-17

Ficha de seguimento de titorías (Evidencia reunión PAT anexo III)

Recomendacións PAT