Este ano, a Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo, que terá lugar en novembro, vén chea de sorpresas e con contidos que non nos deixarán indiferentes. Ademais, a última xornada estará dedicada enteiramente aos fondos mariños galegos e poderemos asistir á estrea en exclusiva da curtametraxe “O bosque de carrumeiro”, unha viaxe submarina para descubrir a riqueza dunha das paisaxes somerxidas máis emblemáticas e importantes da nosa costa: o bosque de algas xigantes. Para ir facendo boca, deixámosvos un avance do que poderemos ver na curtametraxe. Unha peza coa que poñer en valor a personalidade da nosa contorna mariña e onde desfrutar da espectacularidade que ofrece a vida salvaxe sen movernos da butaca. Non perdades a oportunidade de mergullarvos nas nosas augas. Agardámosvos en novembro.