Convocatoria de eleccións a representantes de PDI-B, estudantado e PAS na Xunta de Facultade de Ciencias do Mar

D. Miguel Ángel Nombela Castaño, decano da Facultade de Ciencias do Mar, unha vez concluido o periodo de dous anos dos representantes de PDI-B, Estudantado e PAS en Xunta de Facultade, resolve abrir o procedemento para a elección de representantes dos devanditos sectores, polo que según o establecido no artigo 57 e seguintes do Regulamento Electoral Xeral da Uvigo, aprobado polo Claustro Universitario o día 15 de outubro de 2019 e modificado o 16 de outubro de 2020, publícase a convocatoria nos seguintes termos:
a) Constitución da xunta electoral mediante sorteo público o 3 de outubro de 2022 ás 10:00 no Decanato de Ciencias do Mar
-
- Presidente: D. Miguel Ángel Nombela Castaño, Decano.
- Secretaria: Dna. Rita González Villanueva, Secretaria da Facultade
- Membro PDI: (Titular) (Suplente).
- Membro PAS: (Titular) (Suplente).
- Membro Estudantes: (Titular) (Suplente).
b) Exposición de censos provisionais: do 4 ó 7 de outubro de 2022.
c) Prazo de reclamacións aos censos provisionais (por correo electrónico a decanatoccedomar@uvigo.es ) do 10 ó 14 de outubro de 2022.
d) Exposición de censos definitivos: 17 de outubro de 2022.
e) Prazo de presentación de candidaturas: do 18 ó 24 de outubro de 2022, no Rexistro do centro, segundo o modelo de impreso que atópase no Decanato ou na páxina web da Facultade (Actualidade/Avisos/Elecciones Representantes a Xunta de Facultade).
f) Data de proclamación provisional de candidaturas: 25 de outubro de 2022.
g) Prazo de presentación de reclamacións: do 26 ó 27 de outubro de 2022.
h) Data de proclamación definitiva de candidaturas: 2 de novembro de 2022.
i) Votación:
-
- Data: xoves 3 de novembro de 2022.
- Lugar: Sala de Xuntas.
- Hora: de 10:00 a 18:00h.
Pode descargar a información desta convocatoria nesta ligazón.
Pode descargar os impresos nas seguintes ligazóns: