A exposición «Oceánicas: pioneiras da oceanografía» inaugúrase cunha charla sobre Ángeles Alvariño

A exposición «Oceánicas: pioneiras da oceanografía» pode visitarse no edificio de Ciencias Experimentais da Universidade de Vigo do 19 ao 31 de outubro. Con motivo da súa inauguración, a Biblioteca Central da Universidade de Vigo e a Biblioteca de Ciencias, en colaboración cos decanatos das facultades de Ciencias do Mar, Bioloxía e Química, organizaron unha nova sesión do ciclo Un café con…, que tivo lugar o mércores 21 de outubro.
A charla, titulada «Ángeles Alvariño, primeira oceanógrafa galega de relevancia mundial», foi impartida por Alberto González-Garcés no Salón de Actos do edificio de Ciencias Experimentais. A sesión permitiu achegarse á traxectoria desta científica galega pioneira e contribuír á difusión do papel das mulleres no desenvolvemento da oceanografía.

