Universidade de Vigo
Nome do centro
Cabeceira

 

A comisión de calidade da Facultade de Ciencias do Mar é un órgano delegado da Xunta de Facultade, que participa na planificación e seguemento do Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) da facultade. 

Competencias

As funcións da Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias do Mar, según o establecido no Manual do Sistema de Garantía Interno de Calidade no punto 3.4.3 do capítulo 3, son as seguintes:

  • Verifica a planificación do SGIC da Facultade, de modo que se asegure o cumprimento dos requisitos xerais do Manual do SGIC, da Política e os Obxectivos de Calidade e dos requisitos contemplados nas normativas de verificación e certificación correspondentes.
  • Informa á Facultade da Política e os Obxectivos Xerais da Calidade da Facultade.
  • Recibe e, no seu caso, coordina a formulación dos obxectivos anuais da Facultade e realiza o seguimento da súa execución.
  • Realiza o seguemento da eficacia dos procedementos a través dos indicadores asociados aos mesmos.
  • Analiza e asesora sobre a conveniencia de posibles modificacións do organigrama de funcionamento da Facultade.
  • Controla a execución das accións corretivas e/ou preventivas de calquer proxecto ou proceso que non teña asignado específicamente un responsable para o seu seguemento, tales como as actuacións derivadas da revisión do sistema e das accións de resposta ás suxerencias, queixas e reclamacións.
  • Estuda e, no seu caso, aproba a implantación das propostas de mellora do SGIC suxeridas polos restantes membros da Facultade.
  • Decide a periodicidade e a duración, dentro do seu ámbito de competencia, das campañas de recollida de enquisas de medida de satisfacción dos grupos de interese.
  • É informada polo Coordinador de Calidade dos resultados das enquisas de satisfacción e propón as propostas de mellora que poidan derivarse de esos resultados.

Composición

A composición da Comisión de Calidade, tal e como se recolle no Manual do Sistema de Garantía Interno de Calidade no seu capítulo de presentación, é a que sigue:

Dous membros do Equipo Decanal;

Un representante do PDI de cada unha das titulacións da Facultade (grao, máster e doctorado);

Un representante dos alumnos de cada unha das titulacións da Facultade;

Un representante dos egresados de cada unha das titulacións;

Un representante do PAS;

Un representante da Sociedade (empleadores e otros grupos de interese);

Un coordinador de Calidade;

Un membro da Área de Calidade, designado pola dirección da mesma.

Membros

Para consultar os membros da Comisión de Garantía Interna de Calidade pinche AQUI.

Actas e documentación

Acceso restrinxido