Universidade de Vigo
Nome do centro
Cabeceira

 

As Universidades de Oporto, Vigo y Tras-Os-Montes e Alto Douro organizan conxuntamente por vez primeira a Finde.U - Feira Internacional do Emprego Universitario.

 

Coa organización deste evento a Universidade dará a oportunidade a estudantes e persoas tituladas de todas as áreas de coñecemento de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan talento universitario.

 

En Vigo celebrarase os próximos días 8 e 9 de novembro no IFEVI  (Instituto Ferial de Vigo), e xa están inscritas máis de 130 empresas.

 

Para ver toda a información sobre a Finde.U  e inscribirche preme aquí. Podes consultar a lista de empresas participantes e ver os perfís que demandan nesta ligazón.

 

Así mesmo, e no marco da Finde.U, o día 9 de novembro celebrarase o Talent at Work, un programa de orientación e asesoramento a estudantes e egresados/as impulsado por Universia, Human Age Institute e trabajando.com creado co obxectivo de impulsar o talento xuvenil, mellorando as túas habilidades e competencias mediante relatorios e talleres prácticos, co fin de preparar a túa entrada no mercado laboral.

 

Para o Talent at Work é necesario unha inscripción diferente, nesta ligazón encontrarás toda a información, ademáis do enlace para inscribirche.

 

Esperamos contar coa túa participación.