Universidade de Vigo
Nome do centro
Cabeceira

 

Na reunión de Ministros de Ciencia do G-7 celebrada en Berlín, Alemania, os días 8-9 de outubro de 2015, os ministros resolveron tomar medidas para seguir desenvolvendo unha sociedade global do coñecemento. No seu comunicado final declararon que se comprometen a continuar as discusións e o desenvolvemento dunha proposta para mellorar do xeito máis efectivo a cooperación internacional entre o G7 e outros países interesados antes da próxima reunión de Ministros de Ciencia de Xapón (15-17 de maio de 2016). Recoñecendo que a ciencia xoga un papel fundamental na provisión de solucións aos problemas ambientais e de saúde de hoxe en día, os Ministros desexan participar nunha cooperación máis estreita coa comunidade científica internacional en catro temas, un deles o FUTURO DOS MARES E OCÉANOS.

As preocupacions ambientais relativas aos desechos mariños, acidificación dos océanos, a perda de biodiversidade , a desosixenación, o calentamento, a degradación dos ecosistemas mariños e os impactos ambientais da minería en alta mar atópanse entre os temas de investigación prioritarios de moitos dos investigadores desta Facultade. Estes temas son incorporados de forma rutineira polo profesorado nas súas clases, e constitúen unha parte importante do corpo de coñecementos dos Graduados en Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. Esta formación proporciona aos nosos graduados unha perspectiva singular extraordinariamente valiosa acerca do funcionamento dos océanos. 

O papel destes graduados no desenvolvemento e xestión dos recursos mariños no futuro preséntalles unhas oportunidades únicas de desenvolvemento profesional, poñéndoos nunha posición de vantaxe no que se constitúe como un dos alicerces nos que se fundamentará o progreso e evolución da sociedade no futuro inmediato. 

Comunicado original:

Comunicado G7 (eng)