Close

Grao

SAÍDAS PROFESIONAIS

A titulación en Ciencias do Mar é multidisciplinar e capacita para traballar en calquera ámbito ou temática relacionada co medio mariño e litoral. O nome profesional dos titulados en ciencias do mar é “ Oceanógrafo/a”.

(Podes acceder tamén a este documento desde a conta de Instagram de @bioemprender ou desde www.bioemprender.com, suxeito a unha licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 3.0 Unported (CC BY-NC-SA 3.0))

É o/a profesional, principalmente persoas tituladas en Ciencias do Mar, aínda que tamén noutras titulacións, que posúen unha formación específica en todos os campos relacionados co medio mariño e litoral e desenvolven a súa actividade profesional neste ámbito.

  • Elaboración de peritaxes, informes e proxectos.
  • Xestión de actuacións e coordinación de equipos.
  • Execución de plans de mellora.
  • Implementación e desenvolvemento de programas de transferencia tecnolóxica.
  • Realización de campañas oceanográficas.
  • Asistencia e asesoramento no medio mariño.
  • Docencia, divulgación e sensibilización.
  • Manexo e aplicación de sistemas de información xeográfica (GIS).
  • Dirección e realización de ensaios en laboratorio.
  • Xestión de plantas desalinizadoras.
  • Explotación de recursos químicos mariños para farmacoloxía, cosmética, sector enerxético, industria química…
  • Aplicación oceanográfica da teledetección.
  • Meteoroloxía e Climatoloxía.
  • Evolución de verteduras.
  • Aproveitamento enerxético.
  • Aplicación de técnicas, de análises de datos e teoría dos fenómenos físicos mariños.
  • Xestión e deseño de mareógrafos, boias meteorolóxicas e boias oceanográficas.
  • Realización de labores de inspección e extensión pesqueira.
  • Asesoramento en tecnoloxías de explotación, avaliación e xestión.
  • Realización de peritaxes e asistencia técnica a confrarías de pescadores.
  • Deseño, planificación e xestión de explotacións e plantas de acuicultura.
  • Dirección e realización de análise microbiológicos, patolóxicos e de sanidade animal.
  • Supervisión e dirección de lonxas.
  • Aplicación de técnicas de bioloxía molecular e xenética ao cultivo e repoboación.
  • Desenvolvemento e planificación de estudos aplicados á enxeñería civil como paso previo ás actuacións no medio mariño.
  • Avaliación e prevención de riscos no sector marítimo.
  • Elaboración e execución de plans de ordenación do litoral.
  • Xestión de actividades de lecer e turismo, centros de interpretación ambiental, parques e espazos naturais protexidos e centros de recuperación de especies mariñas ameazadas.
  • Consultoría e asesoramento ambiental.
  • Xestión de catástrofes naturais.
  • Planificación, dirección e xestión de portos.
  • Xestión de estacións de depuración de augas.
  • Xestión de acuarios e museos relacionados co medio mariño.
  • Explotación de recursos xeolóxicos mariños.
  • Elaboración de batimetrías, cartografías e prospección geofísica.
  • Modelización de procesos xeolóxicos nos océanos.
  • Rexeneración de praias.
  • Porque ten unha formación multidisciplinar.
  • Porque está preparado para adaptarse aos cambios.
  • Porque entende de recursos mariños.
  • Porque coñece os fenómenos que teñen lugar nos océanos.
  • Porque sabe onde recorrer para buscar información.
  • Porque ten visión empresarial.
  • Porque ten capacidade de traballar en equipo.
  • Asesorías e Consultorías.
  • Empresas de Enxeñería Civil.
  • Confrarías de Pescadores.
  • Conserveiras.
  • Plantas de Acuicultura.
  • Centros de investigación.
  • Outras entidades públicas e privadas.

Competencias

Todos os obxectivos aquí plantexados están en concordancia cos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, e cos principios de igualdade de oportunidades, e de accesibilidade universal a persoas con discapacidade, segundo a normativa vixente.

Competencias instrumentais

1. Capacidade de análise e síntese.

2. Capacidade de organización e planificación.

3. Comunicación oral e escrita nas linguas oficiais da Universidade.

4. Habilidades básicas do manexo do computador, relacionadas co ámbito de estudo.

5. Habilidade na xestión da información (procura e análise da información).

6. Resolución de problemas.

7. Toma de decisións.

Competencias interpersoais

8. Capacidade de traballar nun equipo.

9. Capacidade crítica e autocrítica.

10. Compromiso ético.

Competencias sistémicas

11. Capacidade de aprender de forma autónoma e continua.

12. Capacidade para adaptarse a novas situacións.

13. Capacidade de xerar novas ideas (creatividade).

14. Iniciativa e espírito emprendedor.

15. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.

16. Habilidades de investigación.

17. Sensibilidade cara a temas ambientais.

Saber:

1. Comprensión crítica da historia e do estado actual das Ciencias do Mar.

2. Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico.

3. Coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía.

4. Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais.

5. Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía.

6. Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía.

7. Coñecer as técnicas básicas da economía de mercado aplicada aos recursos mariños.

8. Comprender os principios das leis que regulan a utilización do medio mariño e os seus recursos.

9. Coñecer as Institucións e Organismos públicos e privados, nacionais e internacionais relacionados coas Ciencias do Mar.

10. Coñecer a problemática e os principios básicos da sustentabilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño.

Saber facer:

11. Planificar usos do litoral e do medio mariño e xestión sustentable dos recursos.

12. Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar.

13. Tomar datos oceanográficos, avalialos, procesalos e interpretalos con relación ás teorías en uso.

14. Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución.

15. Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación, tanto en campaña como en laboratorio.

16. Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas desde a etapa de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos.

17. Saber traballar en campañas e en laboratorio de maneira responsable e segura, fomentando as tarefas en equipo.

18. Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos.

19. Caracterizar, clarificar e cartografiar fondos mariños, subsolos mariños e áreas litorais.

20. Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases.

21. Xestionar áreas mariñas e litorais protexidas.

22. Controlar problemas de contaminación mariña.

23. Deseñar, controlar e xestionar centros de recuperación de especies mariñas ameazadas.

24. Participar e realizar programas de formación e divulgación acerca dos medios mariño e litoral.

25. Participar e asesorar en investigacións sobre clima mariño.

26. Planificar, dirixir e redactar informes técnicos acerca de cuestións mariñas.

27. Comprender os detalles do funcionamento de empresas vinculadas ao medio mariño, recoñecer problemas específicos e propoñer solucións.

28. Impartir docencia no ámbito científico nos diferentes niveis educativos.

29. Destreza no uso práctico de modelos, incorporando novos datos para a validación, mellora e evolución dos mesmos.

30. Identificar e avaliar impactos ambientais no medio mariño.

31. Capacidade para desenvolverse e entenderse nas institucións públicas e privadas, nacionais e internacionais do ámbito das Ciencias do mar.

32. Control de calidade de alimentos mariños.

33. Control de pesqueiras.

34. Deseñar, controlar e xestionar plantas de produción acuícola.

35. Control de calidade de augas en plantas depuradoras.

36. Acuariología.

37. Asesoría ou asistencia técnica en temas relacionados co tema mariño e litoral.

38. Usos técnicos de enerxía renovables.

Por outra banda, no capítulo 4 do Libro Branco de Ciencias do Mar preséntanse os resultados da valoración da importancia das competencias xenéricas e específicas en relación aos ámbitos profesionais.

PRESENTACIÓN

Universidade titular

Universidade de Vigo

CIF: Q-8650002-B

Representante legal da universidade

Reitor: Manuel Joaquín Reigosa Roger

Centro responsable do título

Facultade de Ciencias do Mar

Responsables do título (Equipo decanal)

Decano: Miguel Ángel Nombela Castaño

Vicedecana: Elsa Vázquez Otero

Vicedecano: Óscar Nieto Palmeiro

Secretario: Gabriel Rosón Porto

Dirección a efectos de notificación

  • Facultade de Ciencias do Mar. Universidade de Vigo. Campus Universitario
    36310 Vigo - Pontevedra (Galicia)
  • decanatoccdomar@uvigo.es
  • +34 986 812 552
  • +34 986 812 556

Coordinación

Coordinador de Grao: Irene Alejo Flores

Coordinador 1º curso: Marta Mª Mato Corzón

Coordinador 2º curso: José Mª Sánchez Fernández

Coordinador 3º curso: Pedro Besada Pereira

Coordinador 4º curso: Guillermo Francés Pedráz

Coordinadora de TFG: Guillermo Francés Pedráz

Coordinador de Prácticas Externas: Jesús Souza Troncoso

Coordinadora de Calidade: Óscar Nieto Palmeiro

DESCRIPCIÓN DO TÍTULO

Denominación: Graduado/a en Ciencias do Mar

Universidade solicitante: Universidade de Vigo

Centro responsable dos ensinos conducentes ao título: Facultade de Ciencias do Mar. Campus de Vigo

Tipo de ensino: Presencial

Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 70

Número mínimo de créditos de matrícula por estudante e período lectivo e requisitos de matriculación

Número de créditos do título: 240

O plan de estudos estrutúrase en catro cursos consecutivos, de 1º a 4º. O número máximo de créditos por matrícula será de 30 ao semestre e 60 por curso. As normas de xestión académica e de permanencia da Universidade adecuaranse para poder cursar satisfactoriamente os estudos cunha dedicación parcial, e establecerán o número mínimo de créditos de matrícula por estudante e período lectivo.

Resto de información necesaria para a expedición do suplemento europeo ao título de acordo coa normativa vixente:

Rama de coñecemento: Ciencias

Natureza da institución que conferiu o título: Pública

Natureza do centro universitario no que o titulado finalizou os seus estudos: Centro propio

Profesións para as que capacita unha vez obtido o título:

Co presente plan de estudos preténdese dotar ao Graduado en Ciencias do Mar dunha formación interdisciplinar que lle permita investigar, planificar, avaliar, predicir e desenvolver tecnoloxías en xestión e ordenación do litoral, recursos pesqueiros e acuicultura, e oceanografía e clima.

Esta información se subdivide nos seguintes ámbitos profesionais:

1. Ámbito común (Formación e administración en Investigación e Empresas).

2. Ámbito da oceanografía química

3. Ámbito da oceanografía física

4. Ámbito da oceanografía xeolóxica

5. Ámbito da oceanografía biolóxica e recursos vivos

6. Ámbito de xestión mariña e litoral, economía, lexislación e contaminación do medio mariño

Estes ámbitos están desenvoltos ao final do apartado 3 da presente memoria.

Linguas utilizadas ao longo do proceso formativo: Castelán, galego e inglés.

OBXECTIVOS

Segundo o Libro Blanco, o título de Grao en Ciencias do Mar debe cualificar para o exercicio profesional en todas aquelas actividades profesionais que garden relación coas Ciencias do Mar e o seu desenvolvemento científico-técnico e docente. Comprobamos que se satisfán os criterios de definición da Educación Superior en Ciencias do Mar, de acordo coa proposta realizada pola UNESCO (1971):

“Os obxectivos básicos da formación universitaria en Ciencias do Mar son a capacitación de científicos para:

  • Realizar investigacións nos diferentes campos.
  • Prestar asesoramento en materias das que son competentes como recursos mariños, temas ambientais, impactos, etc., como resultado da petición das Administracións públicas ou de empresas.
  • Formar á súa vez a outros científicos e técnicos”.

RESULTADOS ACADÉMICOS

Taxa de rendemento

2009-10 48%
2010-11 58%
2011-12 61%
2012-13 64%
2013-14 66%
2014-15 65%
2015-16 62%

Taxa de éxito

2009-10 57%
2010-11 66%
2011-12 68%
2012-13 71%
2013-14 73%
2014-15 74%
2015-16 71%

Taxa de avaliación

2009-10 84%
2010-11 89%
2011-12 90%
2012-13 89%
2013-14 90%
2014-15 88%
2015-16 87%

Taxa de eficiencia

2009-10 —%
2010-11 —%
2011-12 —%
2012-13 96%
2013-14 89%
2014-15 85%
2015-16 81%

Tasa de abandono

2009-10 21.8%
2010-11 33.80%
2011-12 20.3%
2012-13 25.4%
2013-14 20.6%
2014-15 —%
2015-16 —%

Tasa de gradación

  • 2019-10
  • 2010-11
  • 2011-12
  • 2012-13

Taxa rendemento: Relación porcentual entre o número de créditos superados polas persoas matriculadas nun curso académico e o número total de créditos matriculados no devandito curso académico.

Taxa de éxito: Relación porcentual entre o número de créditos superados polas persoas matriculadas nun curso e o número total de créditos presentados a exame no devandito curso académico.

Taxa de avaliación: Relación porcentual entre o número de créditos presentados a exame polos/ as estudantes nun curso académico e o número total de créditos matriculados no devandito curso académico.

Taxa de eficiencia: Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un/unha estudante ao longo da titulación na que foi egresado/a e o número total de créditos nos que se matriculou.

Taxa de abandono: Porcentaxe de estudantes dunha cohorte de novo ingreso no curso X, matriculados no título T, na universidade Ou, que sen haberse graduado nese título non se matricularon nel durante dous cursos seguidos.

Taxa de gradación: Porcentaxe de estudantes que finalizan o ensino no tempo teórico previsto no plan de estudos ou un curso máis.