Close

Equipo de goberno

BENVIDA

Dende a Facultade de Ciencias do Mar, en nome do equipo decanal, do persoal que traballamos nela e do seu alumnado, dámosche a benvida á nosa web, que pretendemos que sexa o punto de referencia e información para todos nós. Convidámosche a coñecernos navegando polas súas páxinas.

Nesta web poderás encontrar toda a información relacionada coa docencia, coa investigación e co funcionamento da Facultade de Ciencias do Mar, tanto se formas parte dela como se queres consultar o que aquí facemos. A nosa intención é mantela actualizada e con todos os contidos necesarios para proporcionarche información completa e útil, así que agradecemos todas as túas suxestións e comentarios.

Este centro leva máis de 30 anos formando a profesionais con alta cualificación e excelente preparación para asumir calquera competencia laboral relacionada co medio mariño, cun enfoque multidisciplinar e integrador adaptado aos novos tempos. A formación destes profesionais, incluída a súa vertente ética e humanística, enfócase dende o compromiso social e medioambiental para protexer e preservar os nosos mares e océanos.

As nosas titulacións de grao, postgrao e doutorado poñen de manifesto o bo facer dun equipo de profesorado con gran proxección a nivel internacional, sendo a Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo un dos centros de investigación con maior produción científica mariña de España.

Ademais das actividades académicas e investigadoras, eixes fundamentais da Facultade, pretendemos xerar un ambiente amigable e de participación no que tamén teñen cabida as actividades culturais, deportivas, de cooperación, voluntariado e todas aquelas que contribúan ao crecemento persoal de todos os que formamos parte deste centro.

Informámosche de que o primeiro día de clase celebrase no Salón de Actos do Edificio de Ciencias Experimentais un Acto de Benvida para os alumnos de 1º de Grao, onde informaremosche de todo aquilo que debes saber para que inicies con bo pé a túa experiencia universitaria e coñezas un pouco mellor o centro.

Lembramosche que podes facernos chegar as túas dubidas a decanatoccdomar@uvigo.es ou por teléfono no 986812552.

EQUIPO DE GOBERNO

Miguel Ángel<br>Nombela Castaño

Miguel Ángel
Nombela Castaño

Decano

Elsa<br>Vázquez Otero

Elsa
Vázquez Otero

Vicedecana

Óscar<br> Nieto Palmeiro

Óscar
Nieto Palmeiro

Vicedecano

Rita<br> González Villanueva

Rita
González Villanueva

Secretaria