Close

Cita previa

Ante a situación creada pola COVID-19 e co fin de garantir a seguridade do persoal de administración e servizos, a do resto dos membros da comunidade universitaria e a da cidadanía en xeral, informámosvos de que é necesario pedir unha cita para que poidamos atendervos de forma presencial nas dependencias da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

 

Antes de desprazarvos ás nosas instalacións, solicitámosvos que vos poñades en contacto co persoal do servizo no que teñades que realizar as vosas xestións para que vos dean as instrucións oportunas ou a cita correspondente.

 

No directorio da Facultade atoparedes os teléfonos e os enderezos de correo electrónico de todos os servizos, as áreas e as unidades da Facultade de Ciencias do Mar Universidade de Vigo.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.