Close

Sistema de Garantía Interna de Calidade

Os RD 1393/2007 do 29 de outubro de 2007, e o 861/2010 do 2 de xullo de 2010, polos que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, exixen para a verificación e acreditación dun título a incorporación dun sistema de garantía interna para a avaliación, seguemento e mellora da calidade da oferta formativa. Para dar cumplimento a este requerimento, a Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo elaborou un Sistema de Garantía Interna de Calidade en colaboración co Área de Calidade da Universidade de Vigo.

Política de Calidade do Centro

A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais en que se integran. Para iso existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidos. Así, establécense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa ligada ás necesidades e expectativas da sociedade para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Alcanzar o recoñecemento no ámbito nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especial relevancia os que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e a continuidade dos sistemas e dos procesos a ela vinculados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do sistema de garantía interna de calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan o centro e as súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e a mellora da calidade.

Documentación relacionada:

Manual de Calidade do Centro

O documento básico ol SGIC implantado na FCM é o Manual de Calidade (MC), no que se definen as características xenéricas do sistema, os requisitos que atende, o seu alcance e as referencias a documentación xenérica da que se parte ou dos procedimintos que o desenvolven.

Documentación relacionada:

Procedementos

No seguinte mapa recóllense os procedementos referenciados no Manual do Sistema de Garantía Interna de Calidade da FCM.

Documentación relacionada:

SGIC vixente

Procedementos iniciais (ACSUG 2009/10)

Correspondense coa versión evaluada pola ACSUG en 2009/2010 previa á fase de mellora no 2013. Para acceder pica AQUÍ.