Close

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial da Facultade de Ciencias do Mar configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria. Supón superar o modelo especificamente académico, unicamente preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor-alumno, alumno-alumno, etc. Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades dos alumnos, normalizando as distintas accións e acadando un axeitado equilibrio entre as expectativas dos alumnos e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

ORIENTACIÓN E APOIO AO ALUMNADO

Sistemas de apoio e orientación de estudantes unha vez matriculados

Prográmanse actividades paralelas de apoio, que complementan a actividade habitual de ensino-aprendizaxe, co obxectivo de emendar deficiencias puntuais ou do perfil de ingreso.

Estas actividades poden ser talleres sobre tecnoloxías ou procesos específicos, ciclos de proxeccións ou conferencias, etc.

Co fin de promover e facilitar a mobilidade de estudantes organízanse charlas informativas por parte da Oficina de Relacións Internacionais ou pola propia facultade. Así mesmo existen as figuras de Coordinador de Programas Erasmus, Sicue e demais programas de mobilidade, que entre as súas funcións teñen a de asesorar e orientar aos estudantes nos seus programas respectivos, tanto aos propios como aos alleos.

En momentos puntuais do desenvolvemento normal dos estudos nos que se considera que o estudante necesita especial orientación (no momento de elixir materias optativas, por exemplo), prográmanse reunións sobre eses aspectos concretos.

Existe unha Delegación de Alumnos que, á parte dos protocolos establecidos polo Sistema de Garantía de Calidade para a canalización de suxerencias e reclamacións, serve de ligazón entre os estudantes de maneira individual ou colectiva e o equipo directivo da titulación.

A facultade pon á súa disposición os medios necesarios e unha partida orzamentaria para que poidan cumprir a súa tarefa de representación e outras como facilitar a realización de propostas e iniciativas do alumnado.

A Universidade de Vigo conta co seu propio Gabinete Psicopedagóxico ao dispor dos estudantes para orientarlles e asistirlles tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Por outra banda, a Universidade ten en marcha un programa de apoio á integración do alumnado con necesidades especiais (PIUNE) para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.

O sistema interno de garantía de calidade (SGIC) desta Facultade recolle no seu procedemento PC05 as pautas de elaboración e documentación asociados á orientación do estudante.

DIAGRAMA DE FLUXO DO PROCEDEMENTO PC05

FICHA RESUMO DO PROCEDEMENTO PC05

ÓRGANOS/ UNIDADES RESPONSABLES DESEÑO – Equipo Decanal
– Xunta de Facultade
EXECUCIÓN – Titores
SEGUIMENTO E MELLORA – Equipo Decanal do Centro
– Comisión de Garantía de Calidade
– Coordinador de Calidade
OUTROS ÓRGANOS IMPLICADOS (EXTERNOS AO CENTRO) – SIOPE (Gabinete Psicopedagóxico)
– OFOE (Oficina de Orientación ao Empleo)
– OFIE (Oficina de Iniciativas Empresariais)
GRUPOS DE INTERESE IMPLICADOS E MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN Estudantes: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas e participando nas accións de orientación.
PDI: a través dos seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción, presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas e desenvolvendo as accións de participación pertinentes.
PAS: a través dous seus representantes na CGC e participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Egresados: a través dous seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Empregadores: a través dous seus representantes na CGC, participando nas enquisas de satisfacción e presentando as reclamacións e suxerencias que considere oportunas.
Administracións Públicas: Achegando e tomando as decisións que lle competen.
Sociedade en xeral: Analizando e reaccionando ás accións establecidas e aos resultados obtidos.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS O Equipo Decanal promoverá a información sobre o Plan de Orientación do Centro en coordinación cos Servizos/unidades da Universidade de Vigo que colaboran no desenvolvemento do mesmo.
MECANISMOS TOMA DE DECISIÓNS Ver apartados 5 e 6 do procedemento.
RECOLLIDA E ANÁLISE DE INFORMACIÓN A área de Calidade da Universidade de Vigo, xunto coa Comisión de Garantía de Calidade do Centro e o Coordinador de Calidade, recollerá a información oportuna.
SEGUIMENTO, REVISIÓN E MELLORA Tras a análise da información, a CGC elaborará un informe de resultados, propoñendo as melloras que se consideren oportunas. A CGC propón así mesmo as modificacións e melloras ao proceso cando sexa necesario.
INFORMACIÓN PÚBLICA O Equipo Decanal, xunto co/a Coordinador-a de Calidade analizarán e promoverán a información pública pertinente á vista dos resultados obtidos, coa finalidade de manter un permanente fluxo de comunicación adecuado cos distintos implicados e grupos de interese.
Esta información será publicada como mínimo na páxina web do Centro.